0
Thumbs Up |
Received: 475 Given: 251 |
Thumbs Up |
Received: 475 Given: 251 |
Thumbs Up |
Received: 475 Given: 251 |
Thumbs Up |
Received: 475 Given: 251 |
Thumbs Up |
Received: 25,622 Given: 21,626 |
Thumbs Up |
Received: 318 Given: 122 |
Ando ociosa e con vontade de facer un fío sobre un tema que non interese a ninguén
Música galega versionada por bandas bretoas? Si, é friki abondo!
Imos aló!
Primeira paraxe obrigatoria: "Aires de Pontevedra", versión con binioù braz (gaita escocesa) interpretada por Patrick Molard. A primeira pedra na internacionalización desta peza de Ricardo Portela que acabou por tornarse un auténtico "hit" da música celta.
Patrick Molard recuncaría aínda ben veces (lembremos que visita a Galiza con regularidade). Por exemplo, no álbum "Triptyque" versionou, man a man co seu irmán Jacky Molard e Jacques Pellen, unha marcha procesional.
Outro fito na discografía deste enorme gaiteiro foi "Deliou". Nel aparecen incluídos estes dous temas galegos, o segundo deles unha muiñeira composta por el mesmo en homenaxe (como non!) a don Ricardo Portela, a quen moito admiraba.
Aínda, os irmáns Molard (Patrick, Jacky e Dominique, este último colaborador tamén de bandas como Talabarte nos últimos tempos) homenaxearían as noites de foliada na compostelá Casa das Crechas nun tema homónimo, incluído no disco "Bal Tribal".
https://www.youtube.com/watch?v=SX_v9mzpPJI
Non podía faltar neste fío o grande Soïg Siberil. Velaquí a súa visión do famoso cantar de maio recollido por Pablo Quintana en "O cego andante" e da non menos popular Xota de Ourense.
En tempos máis recentes, os novos artistas bretóns continúan a ollar para sul. É o caso de Anao, unha banda con grande protagonismo das harpas que reserva un oco para pezas galegas coma esta muiñeira de Lampazas, unha composición de Xosé Luís Foxo.
Ese interese bretón pola Galiza tamén se pode cinxir a parámetros máis estritamente tradicionais. Un bon exemplo é Elsa Corre, estudiosa da percusión e da música vocal galegas, a quen podemos ouvir aquí xunto co violinista Gab Faure.
Elsa Corre fai parte do cuarteto Barba Loutig, de quen recentemente puidemos desfrutar esta parcería coa prestixiosa bagad Cap Caval (as bagadoù bretoas e a súa obsesión por mesturar e innovar merecían un fío de seu...).
E nesta liña non podemos esquecer Morgane Le Cuff, intérprete moi relacionada coas músicas galegas e asturianas, ás cales dá unha nova dimensión coa súa harpa. Como proba, ollade que versión tan linda da popular Xota de Liñares.
Tamén entre as propostas máis alternativas podemos deparar con repertorio galego. Por exemplo, unha das nosas bandas favoritas de folk electrónico, Hiks, reconverteu nun "plinn" o coñecido tema "De seu", incluído por Mercedes Peón no seu álbum "Ajrú".
E encerro este fío (que talvez conte cunha segunda parte... material para iso hai abondo!) coa famosa Jota Chaconeada de Sanabria, na versión da Bagad Kemper con Susana Seivane.
Thumbs Up |
Received: 5,670 Given: 9,046 |
Thumbs Up |
Received: 124 Given: 320 |
Viva los galegos
Thumbs Up |
Received: 10,169 Given: 12,927 |
There are currently 1 users browsing this thread. (0 members and 1 guests)
Bookmarks