0
É innegable que o galego e o portugués comparten unha gran parte da súa historia e foron a mesma lingua durante moito tempo. Pero tamén é innegable que a historia de Galiza pasa por España. Evidentemente o galego ten influencia do castelán. É parte da nosa historia, da nosa cultura e da nosa xente. Se vas a olvidar toda a evolución que tivo o idioma e o pobo galego dende que é unha lingua distinta ao portugués, invítoche a ignorar tamén a evolución que tivo o galego-portugués dende que se separou do latín. Non ten propósito tratar de olvidar a nosa historia e o noso pasado. Eu como medio galego sintome en casa cando estou en Portugal en xeral, pero Galiza é Galiza e o galego é o galego. Unha cousa é que nós, hoxe, como falantes, fagamos o posible para que non se deixe de falar a nosa lingua, para que hoxe non sigan o castelán ou o inglés comendo terreo ao noso vocabulario. Estemos orgullosos de quen somos e do que falamos e fagamos todo o posible por mantelo e recordalo.
Bookmarks